sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVal de MiñorMáis de 20 horas de música en directo nas rúas de Baiona

Máis de 20 horas de música en directo nas rúas de Baiona

A vila celebra a sexta edición da ruta «Sons do Casco», na que tocarán ao longo desta fin de semana un total de 12 artistas en tres emprazamentos diferentes.

As actuacións comezan esta tardiña, ás 20.30 horas na Praza do Concello, da man de Urbano Cabrera. Esta será a única actuación de hoxe pero mañá continúa o programa, dende ás 12.00 e ata as 21.45 horas de maneira ininterrompida, e o domingo de novo, dende o mediodía ata ás 21.00 horas. Será en tres escenarios diferentes, as prazas do Concello e de Santa Liberata e na avenida Carabela Pinta.

A ducia de artistas participantes son Urbano Cabrera, Frans Banfield, Iwazuk, Up Two You, Smithsonian, Antonio Seijo & Skylight, Jugonesss, The Rockabilly Duet, Dr. Slump, Martín Rigz Trío, La Buena Vida e Movilla y Los Irrepetibles

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES