viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasVal de MiñorGondomar une forzas contra o acoso escolar

Gondomar une forzas contra o acoso escolar

O Concello organiza sesións nos institutos para ensinar aos mozos a detectalo e loitar contra el.

Detectar o acoso entre os máis novos e dar armas para distinguilo e loitar contra el é o obxectivo das diferentes actividades que se desenvolven nos institutos do municipio de Gondomar, dentro da política de colaboración do goberno local coas comunidades educativas.
Así dende a concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, e a través da Oficina Municipal de Información da Xuventude trabállase buscando a implicación directa coa mocidade, atendendo sempre as súas inquedanzas e necesidades, centrándose no seu paso pola Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Así, fai uns días desenvolveuse no IES Auga da Laxe, a través do departamento de Orientación, dentro do Plan de Acción Titorial, a iniciativa “Ciberacoso: a outra cara da brincadeira”, levada a cabo pola psicóloga, orientadora e experta en adolescencia, Paula Rodríguez.
A profesional traballou co alumnado de 3º da ESO centrándose en dar visibilidade aos sentimentos dos mozos que sofren as burlas, o desprezo e acoso a través das redes sociais, con testemuñas e consecuencias destas accións.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES