sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVal de MiñorCulmina o Barbeira Season Fest, música e gastronomía en Baiona

Culmina o Barbeira Season Fest, música e gastronomía en Baiona

A terceira edición do Barbeira Season Fest remata con tres días de aforo completo nos seus concertos en Baiona. Música en directo de 18 grupos xunto a gastronomía do restaurante máis pequeno do mundo, e as actividades relacionadas co Camiño de Santiago cautivan ao público.

O concerto de Valdivia abriu a derradeira xornada desta edición nun concerto de convivencia entre veciños de vila e o público do festival que reforza a vinculación emocional do Barbeira Season Fest coa Bahía de Baiona e a paisaxe da contorna. Isaac González, director do festival, comenta que “foi moi emocionante ver a veciñas e veciños de Baiona compartir un concerto tan fermoso, co mar de fondo, e demostrando a normal convivencia entre o Barbeira Season Fest a vila que tan xenerosamente nos acolle”. “Agradecemos profundamente a todas a todos os veciños de Baiona, dende aos responsables do Concello ata a Fran, o párroco de Santa Marta, por todo o seu cariño e por poñernos as cousas tan doadas”, remata González.

A xornada do domingo o público gozou cos concertos de Valdivia, Chef Creador, Mujeres, Tronco, Aiko El Grupo, La Borde, o concerto Vibra Mahou de The Kings of the Beach e, como colofón á terceira edición, Ladilla Rusa.

O Barbeira Season Fest, organizado pola promotora de eventos Elemental Street, conta co apoio da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, a concellería de Cultura do Concello de Baiona e a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas, Vibra Mahou cuxos concertos están vinculados á colaboración establecida entra a cerveceira, a Fundación Paidea Galiza e a Escola da Organización Industrial co obxectivo de impulsar o emprendemento entre o talento musical emerxente. Ademais, para o restaurante máis pequeno do mundo, a organización contou coa colaboración de Deleite, Torre de Núñez, Traloagro e Congalsa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES