sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVal de Miñor"Baiona ten auga para o abastecemento ao sumo para cinco semanas"

«Baiona ten auga para o abastecemento ao sumo para cinco semanas»

O alcalde, Carlos Gómez, explica que «o encoro está agora ao 29%». 

 O Concello de Baiona vén de emitir un bando no que prohibe o emprego da auga para usos non esenciais. Trátase dunha medida que toma a administración local dada a situación de alerta por seca do municipio no que o encoro «está ao 29%», segundo explica o rexedor, Carlos Gómez, en Si Radio de Galicia. Preocupa esta cifra porque «unha vez que baixe do 15% a calidade da auga merma». 

Polo de agora, o municipio ten a auga suficiente para «ao sumo cinco semanas». A partir de ahí, se as precipitacións que prognostica Meteogalicia para os vindeiros días no sur da provincia non son suficientes «tomaranse outras medidas, sempre consensuadas cos técnicos». 

Escoita a entrevista completa co alcalde de Baiona, Carlos Gómez, aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES