Encontro "Mos sobre rodas", o sábado 28 de agosto a partir das 17.30 horas  no Castro de Herville.

O Concello de Mos, en colaboración con La Vuelta 21, a Asociación Cultural e Social de Herville, e a Asociación Veciñal e Cultural Celado de Cela, organizan unha nova iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville) que terá lugar o vindeiro 4 de setembro.

Nesta ocasión trátase dun evento dirixido a todos os amantes do deporte sobre rodas, que poderán participar, tanto individualmente como en familia. O evento está pensado para públicos de todas as idades, que participen cos seus vehículos sobre rodas sen motor, tales como patíns, patinetes, bicicletas, triciclos… todas as alternativas son posibles para unha tarde de lecer, deporte, música e cultura ao aire libre.

Os interesados en participar xa teñen o prazo de incrición aberto ata o vindeiro martes 24 de agosto. As inscricións e compra de tíckets pódese formalizar desde xa en 4 puntos: Centro Cultural de Herville, recepción do Pazo de Mos, cafetería do Centro Dotacional de Torroso, e cafetería do Centro Cultural Nosa Terra de Pereiras. O prezo dos tíckets é de 5 euros para persoas de 13 anos en diante e gratuíto ata os 12 anos de idade. É imprescindible a adquisición dos tíckets antes da data da actividade, sexa cal sexa a idade do/a participante.

A actividade consistirá nun circuito pechado para todo tipo de vehículos sen motor, marcha MBT para maiores de 12 anos, actuacións de Argonat Band, Grupo Infantil de Gaitas Nosa Terra de Pereiras, Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas e Baile Celado; merenda popular a base de empanada, auga e refrescos; e un sorteo de agasallos de La Vuelta.

¿E ti, es de Tweet?