Porriño acometerá a renovación da cuberta do centro cultural
O proxecto ascende a 48.065 euros.
O proxecto ascende a 48.065 euros.
Será o 14 de xullo, ás 22.00 horas, no exterior do pavillón municipal.
O axente da Policía Local Javier Rodríguez participará na modalidade de ciclismo co patrocinio do Concello.
O Concello optimiza a seguridade no seu viario municipal con actuacións en 17 camiños cun investimento de preto de 400.000 euros.
Este ano xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”, a emocionante viaxe da auga dende a natureza ata a túa casa.
A EDAR de Guillarei, en Tui, acolleu este xoves a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”. No mesmo participaron escolares de 3º e 4º de Primaria dos catro concellos consorciados: Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas.
O presidente do Consorcio de Augas do Louro e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; de Mos, a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o tenente de alcalde, Camilo Augusto; a rexedora de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a concelleira de Tui, Ana María Núñez fixeron entrega aos gañadores dos agasallos, consistentes nunha tablet para os que lograron o primeiro posto en cada concello e un smartwatch para os segundos e terceiros.
Os premiados este ano foron:
MOS
O PORRIÑO
SALCEDA DE CASELAS
TUI
A maquinaria está valorada en preto de 58.000 euros e foi concedida pola Axencia Galega de Emerxencias.