sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaViaxe pola Maragatería e O Bierzo para os maiores de Mos

Viaxe pola Maragatería e O Bierzo para os maiores de Mos

A Concellería de Participación Cidadá de Mos organiza unha nova excursión para maiores. Unha ruta pola Maragatería e O Bierzo durante os días 11 e 12 de marzo, visitando Sahagún (casco histórico e Praza Maior), León (Catedral e Barrio Húmido) e Balboa e a Serra dos Ancares.

A hospedaxe será en hotel con pensión completa e os beneficiarios desta iniciativa son maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 anos.

Os servizos incluídos nesta viaxe son pensión completa en hotel, almorzo na Palloza, trasporte e seguro de viaxe.

Prazo e lugar inscrición: desde hoxe martes 25 de xaneiro ata o 14 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello, na OMIX ou a través da sede electrónica. Ata cubrir prazas e por rigoroso orde de entrada.

Prezo: 130 € por persoa, en habitación dobre. Suplemento por habitación individual 20 €.

Os obxectivos da iniciativa, incluída no programa municipal ‘É tempo de volver viaxar’, son dar resposta á demanda da cidadanía veciña de Mos que desexa volver a viaxar, facer visitas culturais e artístico históricas, favorecer o coñecemento doutras cidades e provincias, promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización, impulsar a participación e integración social das persoas na comunidade, e previr a soidade.

Un aspecto moi importante a destacar deste tipo de saídas, é que fortalece os lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe, entendéndoo este como aspecto imprescindible a desenvolver ó longo da vida.

Os/as interesados/as en obter máis información sobre esta viaxe poden chamar por teléfono ao número 986 33 94 04.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES