sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaUn mosense no certame de Míster España

Un mosense no certame de Míster España

Nidia Arévalo anima a apoiar a candidatura de Iván Álvarez Guedes

Mosense de 28 anos, enxeñeiro pola Universidade de Vigo e que actualmente traballa na planta de Benteler Automotive en Mos como enxeñeiro de loxística.
Fai varias semanas, a organización de RNB elixiuno para representar á provincia de Pontevedra no concurso de Míster España 2022.
Isto supón que aproximadamente sobre setembro/outubro do ano 2022 (datas aínda pendentes de concretar) irá á gala de Míster RNB España que terá lugar en Nerja, Málaga. Nela competirán 52 candidatos (un de cada provincia), dos que sairán 4 gañadores, cada un representará a España nun concurso internacional: Míster Supranacional, Míster Internacional, Míster Global e Caballero Universal.
Durante a semana de concentración en Nerja, levaranse a cabo diferentes probas e entrevistas co xurado. A excepción da proba multimedia, que é ao longo de toda a candidatura.

Actualmente hai dúas maneiras de apoiar a súa candidatura para convertelo en finalista:

O candidato que más apoios reciba nas redes sociais conseguirá o pase directo á final.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES