martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaUn cento de estudantes do Colegio Lar participa nas olimpíadas de lectura

Un cento de estudantes do Colegio Lar participa nas olimpíadas de lectura

Alumnado de 4º e 5 º de Primaria clasifícanse para a gran final desta competición a nivel nacional que pon de manifesto o compromiso do centro pola innovación tecnolóxica

Centos de estudantes de entre 4º de Educación Primaria e 2º de Bacharelato de centros educativos de toda España participaron nas últimas semanas na sétima edición das Olimpíadas de Lectura organizadas por Eim Learning en colaboración con Progrentis, a través dunha plataforma en liña. Entre eles 96 estudantes do Colegio Lar, de cuarto, quinto e sexto de Primaria, alumnado do proxecto One to One.
A proba consiste na lectura dun texto por parte dos participantes, ademais da realización dun cuestionario sobre o mesmo, no que se miden as PCL´s de comprensión lectora (velocidade de lectura, nivel de comprensión e tempo de resposta). Todo elo cun tempo que a propia aplicación controla.
As olimpíadas celebráronse en tres fases, unha primeira clasificatoria, a top 10 e a gran final na que competiron Lucas Álvarez (4º Primaria), Mara Táboas (5º Primaria) e Víctor Díez (5º Primaria).

Proxecto One to One

O alumnado de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria do Colegio Lar foi o primeiro en Galicia, e dos poucos en España que participou, fai xa cinco anos, do proxecto 1:1 iPad de Apple. O centro educativo comezou no curso 2016/2017 a impartir clases empregando unicamente o libro electrónico.
Así, mentres nalgúns centros optouse pola desconexión dixital nas aulas, prohibindo o uso de dispositivos móbiles, noutros decidiron darlle a volta á situación e aproveitar a parte didáctica destes dispositivos para conseguir motivar ao alumnado e que aprendan usando a súa ferramenta favorita.
“O piar básico que fundamenta este proxecto e que nos animou a apostar decididamente por el son a motivación dos nenos por traballar coas novas tecnoloxías, a mellora da atención, a adquisición de hábitos de traballo, a educación personalizada e, sobre todo, o nivel de excelencia adquirido no manexo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación”, explicaba entón o director do Colegio Lar, Rodrigo Salgado Pombo.
A implantación do proxecto fíxose de maneira gradual, e a día de hoxe está implantado desde 4º de Primaria ata Bacharelato

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES