viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaThe Soul Jacket actúa este venres en Mos

The Soul Jacket actúa este venres en Mos

Será no Parque da Pesqueira, no marco dos concertos do Xacobeo e dentro das Festas do Cristo da Esperanza

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente de alcalde, Camilo Augusto; a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e os integrantes da Comisión de Festas do Cristo da Esperanza, encabezados polo seu presidente, César Muíños Pumar, presentaron hoxe o concerto de The Soul Jacket que terá lugar no Parque da Pesqueira, na parroquia de Mos, o vindeiro venres 7 de outubro, no marco dos concertos do Xacobeo.

Nidia Arévalo e Nava Castro:

César Muíños Pumar, presidente da Comisión Festas:

A directora de Turismo de Galicia puxo en valor o evento, incidindo en que a través deste tipo de iniciativas, Galicia convértese nun importante reclamo para os turistas que se achegan á nosa terra grazas a unha oferta turística diferenciada e de calidade.

Ademais, neste caso, cunha banda galega que naceu entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) no ano 2004, o que indica a mostra da gran variedade de espectáculos tanto nacionais, como internacionais e galegos, que se están levando a cabo ao abeiro do Xacobeo. “Dende a Xunta de Galicia tiñamos moi claro que un dos nosos eixes de actuación deste Xacobeo sería o de achegar a cultura á xente”, indicou a directora de Turismo de Galicia.

“Este concerto é un perfecto exemplo desta singularidade de Galicia que nos está a axudar a ser cada vez máis atractivos para os viaxeiros. Así, estamos a vivir un Xacobeo sen igual, no que estamos a revivir non soamente o ocio, senón todos os sectores da nosa economía en todo o territorio galego”, destacou Nava Castro.

Mediante o apoio deste tipo de iniciativas, a Xunta de Galicia segue apostando pola diversificación e a desestacionalización da celebración deste Xacobeo 21-22, repartindo eventos ao longo de todo o ano con todo tipo de actos orientados a diferentes públicos para que a oferta cultural chegue a todas as partes do territorio

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES