viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda terá un novo un Programa Integrado de Emprego

Salceda terá un novo un Programa Integrado de Emprego

O Concello vén de recibir unha subvención de 250.000 euros da Xunta de Galicia para poñer en práctica este programa que beneficiará a 100 persoas desempregadas

O programa acollerá persoas desempregadas con diferentes perfís e nivel de cualificación. Sendo o servicio público de emprego o que facilitará a selección das persoas participantes, xa que todas elas teñen que estar anotadas na oficina de emprego, aínda que todas as interesadas poden pre inscribirse na ligazón: http://ow.ly/TAMu50GX62U ata o venres 3 de decembro.
As persoas beneficiarias do programa integrado de emprego participarán nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante a duración do programa. A formación agrupase en tres itinerarios formativos: un sociosanitario, no que se impartirá formación vinculada ao ámbito; un de almacén e transporte, no que se incluirá a obtención de dos permisos de conducir B e C; e un de industria, no que se incluirá formación relacionada coa automoción e procesos de fabricación en xeral. Ademais faranse prácticas formativas en empresas da zona coas que o Concello xa ten establecidos convenios de colaboración: Aceesca, Febeco, Playdesa, Industrias Proa e Sociser Galicia. Tamén colaboran a través de convenios a Asociación de Comerciantes e Industrias de Salceda «ACISA» e a Entidade Urbanística do Polígono de A Granxa. Todo isto para cumprir co compromiso de inserción laboral marcado dun 45%
O Concello de Salceda conta co Centro de Desenvolvemento Local O Torrón para levar a cabo este tipo de programas, onde xa se está a desenvolver un obradoiro de emprego dual dende o pasado 22 de outubro, ademais de contar cun servizo de orientación e un técnico de emprego. Dende aquí se xestionará o programa con persoal técnico especializado que atendería ás persoas participantes.
A alcaldesa e responsable da área de emprego e formación, Verónica Tourón, sinala que “os programas integrados de emprego son unha da políticas activas máis eficaces para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas e reducir o desemprego. No anterior programa integrado executado en Salceda acadouse unha inserción de case un 60% e estou segura de que se cumprirá o obxectivo de novo“

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES