viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda promove un envellecemento activo

Salceda promove un envellecemento activo

O Concello retoma os obradoiros “Cultiva a mente” en colaboración con Afaga.

Comezaron este luns, 7 de febreiro, e desenvolveranse ata o vindeiro mes de xuño no centro terapéutico situado na antiga Escola da Vendanova.
Están dirixidos a persoas maiores de 55 anos é un dos obxectivos fundamentais é previr o deterioro cognitivo das persoas participantes a través de técnicas de memoria e aprendizaxe. Ao mesmo tempo tamén se fomenta a socialización e o contacto entre as persoas participantes despois de dous longos anos de restricións pola pandemia.
Nesta edición acoden dous grupos de catorce persoas, aumentando desta forma a participación da cidadanía neste tipo de actividades.
Ángela Ledo, edil de Benestar Social explica que “co inicio deste obradoiro, a Concellería de Servizos Sociais e Benestar continúa apostando de forma decidida por accións destinadas a previr o envellecemento da poboación e mellorar a súa calidade de vida”.
Neste senso, a alcaldesa Verónica Tourón, indica que “dende o Concello temos adquirido un compromiso firme de atención ás persoas maiores de forma directa para mellorar tanto o seu benestar físico como mental a través de actividades lúdicas que melloren a súa vida diaria”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES