viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda estuda reducións fiscais ante o catastrazo

Salceda estuda reducións fiscais ante o catastrazo

O equipo de goberno traballa na modificación da ordenanza reguladora do IBI, na liña de poder realizar bonificacións ás persoas e familias máis desfavorecidas despois de revisión anunciada unilateralmente dende o catastro

 A alcaldesa, Loli Castiñeira, e o equipo de goberno coinciden en que o máis xusto ante estes cambios é ofrecer beneficios fiscais a aquelas persoas que máis o precisan, baseándose na situación socioeconómica da veciñanza, no lugar de formular baixadas lineais que non teñen en conta esta situación.
Tras diversas conversas mantidas coa xerente de catastro, esta confirmoulle aos concellos afectados que o proceso está en marcha de xeito irreversible e non hai volta atrás. De feito, na sede electrónica de catastro a veciñanza pode comprobar xa os seus valores catastrais actualizados tras esta revisión que nos vindeiros días será notificada ás persoas afectadas. Descartada polo tanto por parte de catastro a opción da moratoria, e conscientes de que en moitos casos esta nova valoración vai supoñer claras dificultades para as familias en peor situación socioeconómica, o equipo de goberno decantouse polas medidas sociais.
Ademais o equipo de goberno anunciou xa fai uns días a creación da oficina de atención e asesoramento para os trámites da veciñanza con respecto a este proceso

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES