jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño suspende o campamento de verán que si se celebra en Mos...

Porriño suspende o campamento de verán que si se celebra en Mos e Salceda

A Concellería de Igualdade anuncia esta decisión debido “á situación motivada pola Covid-19 e seguindo as medidas de prevención adecuadas provocadas pola pandemia”.

“O obxectivo prioritario desta concellería é preservar a saúde das nenas e nenos e entendemos que aínda non existen as garantías sanitarias suficientes nas actividades colectivas que ofrezan un control de movementos e accións cando comparten espazos, actividades, xogos, excursións, sendo moi difícil que se impida o contacto entre as pequenos xa que as actividades de interacción grupal son a base da maior parte dos xogos nos campamentos”, manifestou Camila Moreira, concelleira responsable. “Dende a Concellería de Igualdade, facendo un exercicio de responsabilidade, decidimos apostar pola prudencia e a seguridade, dos e das cativas, das súas familias e dos seus entorno máis próximos”, engadiu.
O Concello do Porriño agarda poder retomar a realización do campamento cara ao vindeiro ano, en canto se normalice a situación, agradecendo a comprensión por parte das familias porriñesas.

Pola contra, os outros dous concellos da Louriña, Mos e Saldeda de Caselas si anunciaron a celebración de sendos campamentos de verán, cumprindo todas as medidas anti COVID e co obxectivo de axudar as familias a conciliar. En municipios doutras comarcas hai concellos que si optan por organizar, tanto campamentos como campus deportivos, é o caso dos do Val Miñor e tamén en Tui, Salvaterra, Covelo, Ponteareas e A Cañiza, e noutros (nos que menos) sen embargo tamén se suspenderon como en Tomiño.

EU SON, “O comodín da COVID para tapar inoperancia, vagamundería e caos”

O grupo municipal EU SON do Porriño – Son en Común vén de indicar nun comunicado que “O Concello do Porriño deixa ás familias tiradas ao non organizar campamento de verán para nenos e nenas. As criaturas levan todo o curso escolar sen problema dentro das aulas e agora, cunha situación moito mellor, aléganse motivos de seguridade para non ofrecer esta actividade. Hai campamentos da Xunta, doutros Concellos, da Universidade de Vigo…pero no Porriño non porque somos moi responsables. A responsabilidade amósase con previsión, planificación e traballo. Non se pode suspender o que non se convoca, porque non se fixo. A escusa da pandemia non vale para agochar a falla de previsión da concelleira de Igualdade e dunha alcaldesa que pasa de todo. O Concello amigo da infancia segundo a UNICEF, acreditación que nos custou moitos cartos, non fomenta medidas de conciliación e isto prexudica maiormente ás mulleres»

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES