jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño reactiva o servizo de normalización lingüística

Porriño reactiva o servizo de normalización lingüística

Contará con nova imaxe corporativa e o seu propio espacio web, onde se divulgarán materiais de promoción do uso do galego e información sobre as distintas actividades de dinamización postas en marcha.

O Concello do Porriño reactiva o Servizo de Normalización Lingüística, que conta con persoal técnico ao dispor da cidadanía. “Desde a concellería queremos que a veciñanza saiba que dispón dun servizo local ao que pode recorrer en busca de asesoramento en materia lingüística ou do proceso de normalización”, explicou a concelleira de Normalización Lingüística, Carolina González, quen apuntou a que “fomentar o uso do galego e garantir a súa calidade lingüística é responsabilidade de todos e todas”.A tal fin habilitouse unha dirección de correo a través da cal os interesados poden comunicarse coa técnico e resolver as súas dúbidas: servizonormalizacion@oporrino.org

A técnica, Andrea González, ofrece asesoramento nos diferentes departamentos municipais en todo o relacionado coa política lingüística e na planificación, xestión e execución de programas municipais de dinamización e fomento do uso do galego. Agora, o servizo contará con nova imaxe corporativa e o seu propio espacio web, onde se divulgarán materiais de promoción do uso do galego e información sobre as distintas actividades de dinamización postas en marcha. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES