jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño organiza unha excursión a Cambados para maiores

Porriño organiza unha excursión a Cambados para maiores

Será o sábado 25 de marzo e está aberta a inscrición

A Concellería da Terceira Idade do Concello do Porriño, que dirixe Rosario Costas, organiza unha excursión a Cambados para os maiores do municipio o próximo 25 de marzo.
Os participantes desfrutarán dunha xornada repleta de actividades. Ás 09.00 horas partirán cada Cambados, Cidade Europea do Viño, onde percorrerán as súas rúas, consideradas un auténtico museo ao aire libre ao ser un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia. Destaca a praza de Fefiñáns, onde terán a ocasión de coñecer o Pazo e degustar os seus viños. Tamén visitarán o Museo Etnográfico do viño, para coñecer un pouco máis as características dos seus caldos. O almorzo está incluído e xa pola tarde visitarán as ruínas de Santa Mariña do Dozo e o Muíño de Mareas de A Seca. Terán tamén un ratiño de tempo libre para desfrutar da cidade pola súa conta antes de regresar ao Porriño, que será arredor das 20.00 horas.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 65 ou pensionistas maiores de 55 anos e será preciso que estean empadroadas no Porriño.
A inscrición está aberta e pode formalizarse ata o 22 de marzo no Rexistro do Concello do Porriño ou a través da sede electrónica. É unha actividade gratuíta e con prazas limitadas que se cubrirán por orde de inscrición.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES