viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño lanza unha campaña solidaria coa infancia

Porriño lanza unha campaña solidaria coa infancia

Dende hoxe e ata o venres, 2 de decembro, lévase a cabo unha recollida de alimentos e produtos de hixiene infantís nos centros educativos do municipio

O Concello do Porriño súmase ao Giving Tuesday, un movemento mundial que promove actos de solidariedade e o altruísmo o martes despois do Día de Acción de Gracias nos Estados Uniddos.
Seguindo as indicacións das necesidades detectadas dende os Servizos Sociais, a Concellería de Educación e a OMIX do Porriño, decidiron poñer o foco nos máis pequenos e pequenas lanzando a campaña de recollida de alimentos e produtos infantís de alimentación e hixiene “A hora de dar”.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, deron hoxe o pistoletazo de saída á recollida no CEIP Plurilingüe Cruz-Budiño.
“Queremos incentivar e multiplicar as boas accións das persoas dedicando uns días a celebrar o feito de dar. “A hora de dar é a maneira que temos no Porriño de secundar o Giving Tuesday, que nos invita a compartir, pensar nos demais e actuar”, apuntou o alcalde. “Ademais damos cumprimento así ao acordo do pleno infantil celebrado o pasado 18 de novembro con motivo do Día da Internacional da Infancia, que debateu e aprobou por unanimidade a posta en marcha desta iniciativa”.
Así pois, este ano a recollida específica céntrase en produtos infantís, alimentos e produtos de hixiene para bebés (cueiros, cremas, toalliñas, purés, leites e alimentos infantís de todo tipo…), para a súa posterior distribución entre as familias do concello con menos recursos.
A concelleira de Educación explicou que “dende hoxe e ata o 2 de decembro pódense deixar os produtos infantís nos puntos de recollida instalados nos centros escolares do municipio” e animou “a todas as familias do Porriño a participar e axudar aos nenos e nenas cuxas familias están a atravesar momentos de dificultade”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES