viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño estuda colaborar con CITIC Censa

Porriño estuda colaborar con CITIC Censa

Durante unha visita ás instalacións da empresa no polígono industrial de A Granxa analizáronse as vías de colaboración en materia de emprego e formación entre ambas entidades.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, visitou esta mañá as instalacións de CITIC Censa para coñecer de primeira man a actividade da factoría e establecer posibles vías de colaboración entre a empresa e o Concello. Durante a visita, os representantes municipais estiveron acompañados polo Director Xeral da firma, Juan J. Agulla, a Directora Financieira e Vice Directora Xeral, Ana Alonso, e a Directora de Recursos Humanos, Brenda Senra, quenes transmitiron a súa perspectiva económica de crecemento e a necesidade de persoal especializado.

Neste senso, «temos plena carga de traballo e o noso principal problema é a falta de persoal cualificado para incorporar”, explicou Juan J. Agulla, e «a formación é o noso cabalo de batalla e a colaboración co concello sería beneficiosa para ambas partes”. Así, o rexedor apuntou que precisamente establecer vías de colaboración en materia de formación e emprego é o fin da rolda de visitas ás empresas do Porriño que hoxe iniciaron en CITIC Censa. Apuntou o alcalde que «o noso obxectivo é detectar as necesidades de recursos humanos e a formación específica que requiren as empresas para poder deseñar acción formativas acordes ás demandas do noso tecido empresarial» e que deste xeito » poderemos ofrecer aos demandantes da bolsa de emprego posibilidades reais de inserción laboral”. 

 

Sobre CITIC-Censa 

 

Con máis de 50 anos de historia CITIC Censa é unha empresa de calderería pesada que desenvolve a súa actividade en mercados como minería, cemento, enerxías renovables, petróleo, gas e petroquímica. É un referente mundial na fabricación de equipos de calderería pesada para o sector mineiro e cementeiro que exporta o 100% dos seus productos. Na actualidade conta con 200 empregados e un volumen de facturación de 30 M de euros. 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES