viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño conta xa con máis de cen novas árbores

Porriño conta xa con máis de cen novas árbores

Remataron os traballos de plantación de novos exemplares no centro urbano e polígonos residenciais de Torneiros, que se estenderán nunha segunda fase a espazos de uso público das parroquias

A concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Carlos González, vén de culminar os traballos de plantación de novas árbores no centro urbano e nos polígonos de Torneiros.
Atendendo ás características de cada zona prantáronse diferentes especies arbóreas. Foron 48 Magnolia Soulangeana, 15 Ligustrum Vulgare, 3 Ginkgo Biloba, 3 Salix Babylonica, 4 Magnolia Grandiflora, 18 Tilos, 4 Pyrus Calleryana, 4 Camelia Japónica, 2 Photinia e 1 Olivo.
“O Porriño ten que recuperar o verde que precisa”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Nesta primeira actuación centrámonos en repoñer as árbores que faltaban ou foran danadas nestas dúas áreas, pero xa estamos proxectando a plantación de máis exemplares en espazos públicos das parroquias”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES