viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño celebra esta fin de semana o XXVII Merca na Rúa

Porriño celebra esta fin de semana o XXVII Merca na Rúa

Serán 24 os postos de venta que se atoparán, na zona peonil, na feira de stocks organizada por Acipor e o Concello

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a concelleira de Comercio, Antía Carrera, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño, Juana Pérez, presentaron hoxe a XXVII edición da feira de oportunidades “Merca na rúa” organizada por Acipor e o Concello.
O evento celebrarase esta fin de semana, o sábado 18 e o domingo 19. Instalaranse 24 postos de venta na rúa peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos. Calzado, roupa, óptica, moda infantil, mercería ou accesorios serán algúns dos artigos nos que se poderán conseguir descontos de ata o 80 %.
“Son como sempre descontos moi importantes, xa que se trata de facer espazo nos almacéns de cara a nova tempada”, explicou a presidenta de Acipor. “Ademais, como cada ano, haberá actividades lúdicas para os nenos”. Así, completan a programación inchables para a cativada as dúas xornadas, un concerto na praza Arquitecto Antonio Palacios a cargo das alumnas da escola Pianagrama (o domingo a partir 19 h), e obradoiros de “Sombras e luces” e “Acuarela” da man de Hypatia que se desenvolverán o sábado.
O rexedor quixo convidar “á veciñanza do Porriño e da contorna a visitarnos, a desfrutar da nosa vila e aproveitar as importantes ofertas que se atoparán”.
A feira estará aberta ao público en horario ininterrompido de 10.00 a 21.00 horas o sábado e o domingo de 11.00 a 20.00 horas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES