jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño celebra a súa tradicional "Noite do Calacú"

Porriño celebra a súa tradicional «Noite do Calacú»

Será este sábado a partir das 17.00 horas no barrio de San Bieito

A xa tradicional Noite do Calacú organizada pola Asociación de Veciños de San Bieito e San Sebastián chega este ano á súa décimo sétima edición, consolidando unha celebración que se remonta aos anos 50-60. Foi no 2004 cando a veciñanza retomou este evento que, a día de hoxe, é cita ineludible no Porriño por esta época, entre o Samaín, o San Martiño e os magostos.
A festa, que conta coa colaboración do Concello do Porriño, celebrarase este sábado, 5 de novembro, no paseo de San Benito. As actividades comezarán ás 17.00 horas co obradoiro de calacús para a cativada, que se desenvolverá ata as 19.00 horas.
Ás 19.30 horas chegará un dos momentos máis sentidos, o do nomeamento da Dama e do Cabaleiro do Calacú, recoñecemento que este ano recae sobre Teresa Palacín e Telmo Pereiro. De seguido, sobre ás 20.00 horas, comezará o Desfile do Gran Calacú polo percorrido de costume.
O broche final como cada ano será un gran magosto, onde ademais de castañas e viño haberá tamén chocolate con churros e no que non faltará a animación musical

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES