jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaPongo, a raíña do kuduro, no II Sons da Canteira no Porriño

Pongo, a raíña do kuduro, no II Sons da Canteira no Porriño

A segunda edición do festival porriñés “Sons da Canteira”será o sábado 28 de agosto na canteira en restauración de Vilafría, en Atios.

Boyanka Kostova, Verto, Mounqup, Pongo, a DJ Teresa Ferreiro e os Penediños de Atios son as seis bandas que sobirán ao escenario da canteira en reconstrucción de Vilafría nesta segunda edición do festival Sons da Canteira.

Este lugar único volverá ser o anfiteatro natural onde se celebrará este evento promovido polo Concello do Porriño e organizado pola productora “Doppler Xestión Cultural” e que presentou onte a alcaldesa do Porriño, Eva García, e a concelleira de Cultura, Cami Moreira, xunto á organización. 
Eva García de la Torre animou a «non perder un espectáculo como este qué é impresionante polo escenario e polo son e constitúe un xeito de gozar dun evento diferente e de conservación do propio”, manifestou a alcaldesa do Porriño.
O director do festival, Adrián Fragueiro explicou na presentación do certame aos medios que se realizou hoxe na Biblioteca Municipal, que este ano “facemos unha proposta cun cartel ateigado de talento galego que abre pontes co máis efervescente da lusofonía. A nosa proposta está comprometida cunha cultura galega emerxente e arriscada”, manifestou.
Todos os artistas participantes «achegan a tradición á vangarda e á modernidade. Este é o selo do festival”, que destaca tamén “pola presenza de mulleres que encabezan a innovación e a fusión” apuntou o director do festival.

Estará o ritmo de baile poderoso de Pongo, a raíña do kuduro. Será o único concerto en España desta música e cantante lisboeta de orixe angoleña. Soará a música da francogalega Mounqup, que estrea disco e espectáculo, cun pop electrónico moi enerxético e bailable. Escoitaranse os sets da DJ compostelana Teresa Ferreiro, unha artista visual e investigadora musical que ten misturado para radios e eventos de todo o mundo. E o persoalísimo trap galego de Boyanka Kostova, unha das bandas máis desexadas e viralizadas do momento. Igual que Verto, outros compostelanos que innovan co trap e que arrasan tanto nos escenarios como no Spotify. Esta será unha das últimas oportunidades para velos antes do parón que anunciaron para outubro. Tamén haberá talento da zona, co grupo de danza tradicional Os Penediños de Atios, que xa na edición pasada acompañaron a Baiuca no escenario.

A idea do festival foi concibida pola concelleira de Cultura do Porriño, Cami Moreira, que gardaba na memoria a única e impactante edición do Festival Son da Pedra, en 1995. «O escenario vai cambiando porque a restauración avanza», explica. «A nivel de escenario musical a canteira é camaleónica. Como recurso económico é moi importante para O Porriño, pero finalizado o proceso hai que devolverlla ao monte».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES