viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaPaula Carballeira trae os seus contos ao Porriño

Paula Carballeira trae os seus contos ao Porriño

Será este venres, 4 de febreiro, ás 18.30 horas, na biblioteca municipal.

Trátase dunha nova sesión de animación á lectura a cargo de Paula Carballeira, baixo o título “Un mes. Catro lúas. Unha sesión de contos”, unha actividade organizada pola biblioteca programada todos os primeiros venres de mes, de xaneiro a maio, coa intención de animar a ler empregando os contos como ferramenta.

Non hai mellor para os contos que unha biblioteca. Nela, quedan ao abeiro dos libros, quentes e protexidos.

Paula dedícase a contar. Vai polo mundo recollendo contos. Trae os contos que foi atopando, e vainos contando. Así, cada catro lúas, chegará ao Porriño con contos novos. En xaneiro foron contos de inverno, agora en febreiro, contos de bromas, de disfraces e de entroido. En marzo, contos de primavera, de poesía, de maxia. En abril, contos deses que inventaba H.C. Andersen en Dinamarca. E en maio, contos de aquí, letras que coñecemos lugares misteriosos dos que non sabemos.

Así, os contos que trae van con quen os escoita, facer a súa vida, e as palabras quedan na biblioteca, invisibles, esperando que alguén abra a boca para meterse nela e saír en canto poidan. E todo porque a biblioteca quere palabras que contan historias.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES