sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaOs traballadores de Faurecia chegan a un acordo coa empresa e paralizan...

Os traballadores de Faurecia chegan a un acordo coa empresa e paralizan a folga

O comité de empresa consegue o compromiso de Faurecia de que o convenio colectivo quedrá asinado antes da venda da planta.

En Faurecia, o grupo francés de enxeñería e produción de equipos de automoción que se localiza no polígono industrial da Granxa, no Porriño, os traballadores e as traballadoras chegan a un acordo coa empresa e se paraliza, deste xeito, a proposta de folga.

Grazas a ese acordo, garantese a sinatura do convenio colectivo, ata o 2023, antes da venda da planta ao fondo alemán Callista Private Equity. A cambio, o comité de empresa suspende o inicio da folga indefenida, según explica para Si Radio, Ramón Seoane, do sindicato CIG.

Seoane explica que «a folga segue estando enriba da mesa, pero queda sen efecto porque a empresa se ofreceu a recoller e asinar nun documento o convenio colectivo, negociado durante meses atrás e que se asinará na vindeira semana». O obxectivo é «ter asegurado isto antes da venda efectiva para non vernos inmersos noutras negociacións co comprador». Así que, di Seoane, «ao ter asegurado este acordo o comité acordou que a folga non se levaría adiante pero si se faría se, finalmente, non se asina» e incide en que «a paralización desta folga era o que a empresa nos esixía para darnos este documento».

Podes escoitar a entrevista completa con Ramón Seoane, membro do Comité de empresa de Faurecia aquí:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES