viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaOs deseñadores noveis poden inscribirse no concurso das Palilleiras de Mos

Os deseñadores noveis poden inscribirse no concurso das Palilleiras de Mos

Teñen de prazo ata o 24 de maio. A segunda edición de ‘DESFILAMOS’ terá lugar no Pazo de Mos o 17 de setembro.

As novas xeracións do deseño de moda teñen ata o 24 deste mes para inscribirse no Concurso de Noveis Deseñadores convocado pola Asociación de Palilleiras de Mos por segundo ano consecutivo.

Os interesados en participar poden contactar a través do enderezo de correo electrónico desfilamos@gmail.com

A entrega de premios e desfile de exposición das coleccións presentadas a concurso realizarase na contorna do Pazo de Mos o 17 de setembro, nunha cita coa moda e o encaixe de bolillos bautizada xa na pasada edición como ‘DESFILAMOS’.

A iniciativa ten o obxectivo de poñer en valor o encaixe no Camiño de Santiago, está organizada polas Palilleiras de Mos e en 2021 contou con preto de 300 persoas entre o público.

Esta iniciativa enmárcase dentro dunha proposta da Asociación de Palilleiras de Mos na contorna do Pazo de Mos, que acollerá en setembro o desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores.

Esta iniciativa das Palilleiras de Mos ten por obxectivo impulsar a vertente artística, tradicional e cultural do municipio, e tamén ser un revulsivo para a recuperación turística da zona tras as consecuencias da crise sanitaria da COVID-19

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES