viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO pleno de Mos esixe garantía de seguridade na A-55

O pleno de Mos esixe garantía de seguridade na A-55

Solicita de xeito unánime a gratuidade da peaxe de Porriño da AP-9 como solución máis rápida e inmediata á falta de mantemento.

O Concello de Mos aprobou en pleno a petición unánime de toda a corporación, a raíz da moción presentada polo equipo de goberno, dirixida ao Ministerio de Transportes para esixirlle o óptimo mantemento e que garanta a seguridade na A-55.
As profundas fochancas que se agravan co paso dos días e as semanas fixeron que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo decidise tomar medidas e formular a aprobación en pleno dunha moción neste senso, que se fixo común a todos os membros da corporación municipal, sendo votada a favor por unanimidade durante a sesión plenaria celebrada onte mércores no Pazo de Mos.

“A Autovía A-55 Vigo-Porriño é a vía máis perigosa de Galicia e a autovía con máis accidentes de España. Atópase nun estado deplorable, co firme da calzada totalmente esnaquizado en todo o trazado en xeral e ao seu paso por Mos en particular, onde unha gran fochanca leva poñendo en perigo desde hai semanas aos 60.000 condutores que utilizan a diario a autovía, entre eles moitos veciños e veciñas de Mos; por iso non podemos continuar nesta situación de deixadez e abandono por parte do Ministerio de Fomento”, declaraba a rexedora local mosense durante o plleno.

A A-55, ademais de estar entre as vías máis perigosas e con maior sinistralidade, é a máis lucrativa en canto a recadación por imposición de multas se refire. Segundo datos oficiais da DXT e publicados xa en diversos medios de comunicación, tan só nos dous radares que ten esta autovía ao seu paso polo termo municipal de Mos, tráfico pon 40.698 multas ao ano (dato de 2021) no PK 9 e 16.482 multas ao ano (dato de 2021) no PK 12.

“Un total de 57.180 multas anuais que só recadando unha sanción mínima de 50 euros por cada unha suman case 3 millóns de euros que, como mínimo, deberían ser reinvestidos nun óptimo mantemento do firme, xa que é competencia e responsabilidade do Estado facelo e así queremos reclamalo polos nosos veciños o primeiro, e por todos os usuarios que fan uso dela diariamente, por suposto que tamén” explicou Arévalo.

Outros proxectos demandados
Na moción aprobada en pleno pídese ademais que “Fomento nos escoite”, como dixo literalmente a alcaldesa, e que todos os proxectos pendentes no municipio dependentes dese Ministerio se leven por fin a cabo. Entre eles que se execute tamén en Mos o Plan de Acción contra o Ruído do Ministerio de Transportes, coa implantación de medidas contra o ruído na A-55 e na A-52 en Puxeiros-Tameiga e Cerqueirás e Amieirolongo en Sanguiñeda. E que se leve a cabo a obra de intersección no cruce de O Tablado na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Louredo.

Ademais destes, a moción inclúe varios acordos nos que se insta ao Ministerio de Transportes (antes Fomento) á gratuidade da peaxe de Porriño da AP-9, xa que é a solución máis rápida e inmediata para evitar e reducir a sinistralidade, e que se desvíe o tráfico da tan perigosa A-55, liberando a peaxe de Porriño da AP-9. E ao mantemento en óptimo estado das condicións da A-55: a inmediata reparación do firme ao prezo que sexa e á hora que sexa (bastantes problemas de seguridade ten xa ese vial para que non teña o mellor firme de toda a provincia, durante todos os días do ano). Que como mínimo se reinvista o que se recada en multas no óptimo mantemento do vial. Que se faga o que sexa necesario para poñerlle fin ao descoido desta autovía por parte do Goberno de España. Que se acabe o parcheo das fochancas botando asfalto dentro dos buracos. Que se poña fin á deixadez nos labores de mantemento, ás barreiras de protección oxidadas e aboiadas, á ausencia de limpeza viaria na propia autovía e nos carrís de servizo. Que se proceda a realizar un mantemento en condicións, e como é obrigación do Ministerio, en toda a A-55. E que o devandito mantemento inclúa unha rehabilitación total do firme de todo o vial, desde Vigo a Porriño, con asfalto antiruído (fonoabsorbente) e absorbente permeable

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES