viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaO mellor enólogo de viños novos de España vive no Porriño

O mellor enólogo de viños novos de España vive no Porriño

Pablo Estévez foi recoñecido por terceira vez en catro nos Premios Baco.

O mellor enólogo de viños novos de España vive en Atios. Pablo Estévez Meléndez, afincado nesta parroquia porriñesa dende hai anos, foi recoñecido por terceira vez en catro anos como “Mellor enólogo de viños novos de España” nos Premios Baco, un reputado certame organizado pola Unión Española de Catadores que distingue aos mellores viños do país.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e concelleiros do goberno municipal, recibiron a Pablo na casa consistorial para darlle a en hora boa non só por este novo éxito, senón tamén pola súa dilatada carreira profesional que o sitúa no máis alto do seu sector.
“Este premio é un recoñecemento ao enorme traballo levado a cabo nos últimos anos, recoñecemento ao que os seus veciños e veciñas queremos sumarnos poñendo en valor a súa profesionalidade e traxectoria”, afirmou o alcalde.
Pablo Estévez, de 45 anos de idade, estudou Enxeñaría Agrícola. A súa familia estivo sempre ligada ao mundo do viño, polo que dende pequeno participou do proceso tanto do traballo en viña como no de bodega. Foi isto o que o levou a decantarse pola Enoloxía no primeiro ano de estudos universitarios e completou a súa formación con dous másters en Enoloxía ademais de levar a cabo varios traballos de investigación relacionados co sector do viño

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES