viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO entroido do Porriño 2022 xa ten cartel e pregoeiros

O entroido do Porriño 2022 xa ten cartel e pregoeiros

O deseño de Valeria Lage, alumna de primeiro curso da ESO do CPR Santo Tomás, foi elixido como gañador do I Concurso Escolar de Carteis do Entroido.

O Concello do Porriño, a través da concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2022.  O deseño de Valeria Lage, alumna de primeiro curso da ESO do CPR Santo Tomás, foi elixido como gañador do I Concurso Escolar de Carteis do Entroido no que se buscaban as mellores ilustracións para promocionar as festas deste ano.

O xurado, composto polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e as pintoras locais Nuria Vilanova e Chelo Rodríguez, seleccionaron o deseño de Valeria entre os preto de 200 carteis que presentaron os centros educativos de primaria e secundaria e Aceesca. As ilustracións presentadas foron moitas e variadas, realizadas con ceras, acuarelas, colaxe ou carbón, valéndose de multitudes de técnicas creativas, tanto en formato papel como en cartolina.

O Alcalde do Porriño, acudiu ao colexio a dar a nova por sorpresa á gañadora do certame, que emocionada recibiu a felicitación do rexedor e dos seus compañeiros de clase entre aplausos. “Non foi doado elexir entre tantas propostas de calidade, cada cal era máis orixinal e bonita”, explicou o alcalde, “Os nosos pequenos e pequenas dérono todo e podo decir que no Porriño temos unha boa canteira de talento”. 

Ante tal dificil decisión, o xurado resolveu ampliar dous accesit quedando os premiados da seguinte maneira: 

  • CARTEL GAÑADOR: Valeria Lage Fernández – 1º ESO do CPR Santo Tomás
  • 2º Premio: Rubén Rodríguez Rodríguez – 5ºB do CEIP Xosé Fernández López
  • 3º Premio: Saray Rodríguez Pérez – Aceesca

 

ACCESITS: 

  • Carlota Rodríguez Miranda- 1º ESO do CPR Santo Tomás
  • Laura Pampillón Teijeira- 3º ESO do IES Ribeira do Louro

 

O carteis gañadores recibirán un lote de material escolar e os seus autores serán os encargados de ler o pregón que dará inicio ás festas do Entroido na vila. 

 

O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves 17 de febreiro no Centro Cultural Municipal, coincidindo coa inauguración da exposición na que se mostrarán todos os carteis participantes. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES