jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello do Porriño inhumará o cadáver atopado no pozo

O Concello do Porriño inhumará o cadáver atopado no pozo

Os traballos de inhumación faranse mañá xoves logo de que os restos mortais non fosen identificados nin reclamados

Os restos mortais da persoa que se atopou no interior dun pozo no Cerquido, serán inhumados mañá xoves 29 no Cemiterio Municipal do Porriño. Segundo indican dende o propio Concello, este ten que facerse cargo da inhumación xa que o cadáver non foi identificado nin reclamado desde que se achou o pasado 21 de febreiro.
Como consecuencia, o Xulgado de Instrución número 3 de Porriño solicitou ao Concello que se fixera cargo do levantamento e recollida dos restos mortais, actualmente depositados no Tanatorio Vigo Memorial, para a súa inhumación nun nicho de titularidade municipal no cemiterio da localidade. Estes trámites levaranse a cabo coa presenza da Garda Civil.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES