jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello do Porriño incorpora catro traballadores

O Concello do Porriño incorpora catro traballadores

Reforzarán as áreas de emprego e formación, urbanismo e administración xeral durante un ano.

O Concello do Porriño contará durante un ano con catro traballadores máis no seu cadro de persoal que reforzarán as áreas de emprego e formación, urbanismo e administración xeral. Todos/as eles/as son mozos/as que terminaron os seus estudos hai menos de tres anos e que se atopaban en situación de desemprego.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, recibiunos no seu primeiro día de traballo para darlles a benvida e poñerse á súa disposición. “Esta é unha oportunidade para vós, xa que ides adquirir experiencia e coñecementos que de seguro vos servirán na vosa carreira profesional, pero tamén o é o Concello e para o Porriño”, afirmou o rexedor. “Sodes moi necesarios, así que benvidos e imos traballar en equipo”.
Trátase de dous graduados/as en Dereito, unha graduada en Educación Social e unha graduada en Psicoloxía contratados ao abeiro do programa provincial “Primeira Experiencia Profesional” que ten por obxecto dotar ás persoas mozas desempregadas, mediante un contrato de traballo, dunha primeira experiencia para a adquisición de competencias e habilidades sociais e profesionais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES