miércoles, abril 24, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello de Mos adxudica a mellora da urbanización San Eleuterio

O Concello de Mos adxudica a mellora da urbanización San Eleuterio

Supón un orzamento de 90.000 euros e executarse nu prazo de dous meses

As obras da Mellora Interior da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, teñen por finalidade a renovar fundamentalmente de beirarrúas e pavimentos das vías de circulación e o acondicionamento dunha parcela municipal, co obxectivo de dotala de pavimento, vexetación e mobiliario urbano acorde co uso que se pretende. Consistirá na demolición dos pavimentos asfálticos en mal estado, de pavimentación de vías de circulación e sinalización horizontal e vertical e pavimentación do novo espazo de recreo e execución de muros de cachotería e plantación de especies arbóreas e instalación de mobiliario urbano.
O prazo de execución é de dous meses. E o orzamento total da obra ascende a 90.000,00 euros.

A actuación realizarase a través dunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia destinada á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes. Esta liña de subvencións ten por finalidade humanizar as vilas galegas e frear o despoboamento, potenciando para elo as infraestruturas e servizos e mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación. A axuda concedida para a mellora da Urbanización de San Eleuterio equivale ao 70% do custo total da actuación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES