viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaNova achega de 50.000 euros para Pereiras

Nova achega de 50.000 euros para Pereiras

A Xunta financia a instalación dunha rede de luz pública eficiente e unha pista de skate park en Mos.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitaron este xoves o Concello de Mos ao que o Goberno galego destinou preto de 50.000 euros para a instalación dunha rede de luz pública e unha pista de skate park grazas ás axudas da Vicepresidencia primeira destinadas aos concellos.

O executivo autonómico investiu preto de 35.000 euros na creación dun skate park kateboard, Bmx, Roller e Scooter de carácter recreativo, para o uso e desfrute da poboación en xeral e concretamente, nunha zona moi poboada con moitos nenos, de aí a importancia da actuación levada a cabo.

Fernández-Tapias e Prieto coincidiron en destacar a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para executar iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía, e referendaron o compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños.

Nesta liña, tamén se levou a cabo unha instalación dunha rede pública eficiente no viario alternativo á rúa de Mos que ten como obxecto racionalizar e optimizar o consumo enerxético e asemade crear as condicións mínimas de seguridade viaria para a circulación de peóns e vehículos. No caso do concello de Mos, dende a Vicepresidencia Primeira tense destinado nos últimos anos grazas ás axudas destinadas ás entidades locais más dun millón de euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES