jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaMos suma 5 quilómetros de asfaltados

Mos suma 5 quilómetros de asfaltados

O Concello optimiza a seguridade no seu viario municipal con actuacións en 17 camiños cun investimento de preto de 400.000 euros.

“O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local”, así o explicaban onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, durante as visitas de supervisión das obras de asfaltado que realizaron nos camiños de Daniel Alonso en Peinador, parroquia de Torroso, e Regadas, parroquia de Mos.
O Plan a executar durante o presente ano 2022 xa está en marcha e iniciadas as obras de mellora da pavimentación en varias parroquias. Concretamente os traballos comezaron polas parroquias de Mos, Louredo e Torroso.
Para levar a cabo este plan anual, o Concello de Mos licitou un contrato de obras, que se financia con fondos propios da administración local e ascende a preto de 400.000 euros.
O Plan de Mellora de Camiños Municipais deste 2022 mellorará a seguridade viaria, mediante a reposición do firme, en 17 camiños municipais das 10 parroquias mosenses, que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.
O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoven estes 17 novos asfaltados no termo municipal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES