martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaMos presume dos seus equipos de fútbol

Mos presume dos seus equipos de fútbol

Os cadetes da Unión Deportiva Mos (cadetes) e os xuvenís do Club Louro Tameiga foron homenaxeados polo seu ascenso a 1ª galega e 1ª autonómica, respectivamente

Os capitáns de cada equipo dedicaron unhas palabras aos seus compañeiros. Por parte do Club Louro, Anxo Resua e da Unión Deportiva Mos, Alex e Ricardo. Ámbolos tres capitáns fixeron referencia ao outro club do municipio, dándolle os parabéns. Todos coincidiron en que máis aló das cores levan a Mos por bandeira.
Estiveron presentes no acto a alcaldesa Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal e demais edís do equipo de goberno local e voceiros da corporación municipal. Por parte da Federación Galega de Fútbol asistiu o seu vicepresidente, Fernando Iglesias Figueroa, quen aplaudiu dito ascenso e felicitou a cada un dos rapaces homenaxeados que estiveron arroupados tamén polos seus presidentes Pablo Alonso Serodio, da Unión Deportiva Mos, e Patricio Farrapeira, do Club Louro Tameiga.
Alcaldesa e concelleiros felicitaron aos deportistas e fixéronlle entrega duns agasallos como recordo desta data. Quixeron así mesmo, recoñecer o esforzo dos mozos e poñer en valor a importancia de facer deporte, en concreto xogar ao fútbol; este deporte que non só levanta paixóns entre quen o segue desde as bancadas, senón que ademais achega innumerables beneficios a quen se atreve a calzarse unha botas de fútbol e saír ao campo de xogo. A alcaldesa quixo agradecer tamén o traballo das directivas, e dos adestradores que inculcan cada día o traballo en equipo, o respecto polas normas, o compañeirismo, a tolerancia e o aprender a compartir. Así mesmo fixo mención ao papel tan importante dos pais e as nais, “sen a súa colaboración e esforzo apostando por este deporte en equipo e colaborando para que os seus fillos acudan a cada adestramento e aos partidos de cada fin de semana non sería posible lograr devanditos resultados

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES