viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaMos dá un paso máis na súa humanización

Mos dá un paso máis na súa humanización

Comezan as obras da Estrada Generoso Domínguez desde o Camiño da Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela

O Concello de Mos destina 435. 801,90 euros dos fondos que lle corresponden dentro Plan de Concellos a esta actuación que mellora notablemente a seguridade viaria do lugar,
Iniciáronse as obras da seguridade do viario e humanización da contorna na que é a segunda fase da Humanización de Cela Esta segunda fase inclúe a execución dunha nova beirarrúa na marxe esquerda (parte Norte do vial) dende o Camiño da Quinta ata a Igrexa de Cela. Esta beirarrúa aumenta o ancho actual, duns 5 metros, a 10 metros previstos no plan. Con isto, conséguese non só aumentar a seguridade dos peóns, senón mellorar nalgúns puntos o trazado viario, e por tanto a seguridade do tramo.
A actuación compleméntase cos muros e movementos de terra necesarios para ampliar a sección, e tamén con obras complementarias, como o deseño de nova iluminación eficiente, a adaptación da drenaxe, o soterramento das redes de servizo aéreas, a mellora da sinalización ou redutores físicos de velocidade, entre outras.
A primeira fase desta humanización foi rematada no ano 2019 e consistiu na mellora da accesibilidade entre a PO-331 e o Camiño da Quinta, coa renovación do pavimento, drenaxe de augas pluviais, creación de beirarrúas e renovación alumeado e cuxo coste ascendeu a 141.905,02 euros tamén con fondos do plan concellos

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES