martes, abril 16, 2024
InicioComarcasLouriñaMos aproba o novo prego para a contratación do Servizo de Axuda...

Mos aproba o novo prego para a contratación do Servizo de Axuda no Fogar

Revísase o prezo hora e as condicións técnicas. Actualmente conta con 62 traballadoras que atenden a 116 persoas.

O expediente de contratación do servizo de Axuda no Fogar do Concello de Mos foi aprobado en pleno por maioría con todos os votos a favor, agás a abstención de GañaMos.

O obxectivo deste contrato que supera o orzamento anual de 1 millón de euros é mellorar a vida das persoas usuarias, posibilitar que sigan vivindo no seu domicilio e no seu entorno, e que sigan a ter as súas relación familiares e sociais.

Valóranse tamén neste prego os servizos complementarios destinados a mellorar a calidade de vida dos enfermos como por exemplo axudas técnicas tales como camas articuladas, grúas, cadeiras de rodas, de ducha, discos xiratorios… Servizos como o de podoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, limpeza de choque…

Este é un prego sumamente importante no que se adxudicará un servizo para un total de 64.831 horas de servizo anual, por un importe total de 5.600.000 € (correspondente os 2 anos de servizo máis 2 de prórroga; é dicir importe por 4 anos de prestación de servizo). Actualízase ademais o prezo da hora en 18 € + IVE e as condicións técnicas do prego de condicións.

A alcaldesa de Mos e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, explicaron a este respecto que “neste prego recollemos ademais todas aquelas propostas que os técnicos municipais consideraron viables e que optimizan e implementan o servizo; tales como máis axudas técnicas, máis EPIs, o servizo de terapia ocupacional, etc. E outras moitas suxestións relativas a temas de máxima prioridade en persoal de este sector tales como as medidas de protección integral contra a violencia de xénero en caso de traballadoras do SAF vítimas de violencia de xénero, ou material de prevención de riscos laborais”.

“Este é un prego acorde a un Concello como o noso”, destacaron as representantes municipais Arévalo e Cebreiro, “un Concello punteiro no SAF no que actualmente contamos con 62 traballadoras que atenden a 116 usuarios/as, casi 65.000 horas fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas. Na actualidade non temos ningunha persoa de grado 3 e 2 en lista de espera”.

O Concello mosense é punteiro no SAF

E é que o Concello de Mos é un dos municipios galegos con máis horas anuais de SAF, contrastando a cantidade con outros como O Porriño, que con 20.000 habitantes dispón de 49.146 horas anuais, Tui case 18.000 habitantes e 28.740 horas, Nigrán con 17.000 habitantes e 37.572 horas, ou Gondomar que, con 15.000 habitantes ao igual que Mos, conta con menos da metade de horas, concretamente 31.524 ao ano

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES