jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaMos aproba en pleno o primeiro orzamento de Arévalo cun plan de...

Mos aproba en pleno o primeiro orzamento de Arévalo cun plan de inversións propio

“Un plan de inversión ambicioso como é en si este orzamento, o máis elevado da historia do municipio, que chega aos 13 millóns de euros” declara a alcaldesa

Hoxe aprobouse en pleno, coa maioría de votos favorables (goberno e concelleira non adscrita, Verónica Costas, votaron a favor; e o resto de grupos, PSOE, GañaMOS, BNG e concelleiro non adscrito, Román González, en contra), o primeiro orzamento da alcaldesa, Nidia Arévalo, que trae consigo un plan de inversións. Inversións que ata o de agora deriváranse a outras administracións, para poder facer fronte a unha débeda importante, que ano tras ano foise rebaixando, ata conseguir unha cantidade que permitiu iniciar unha nova etapa económica no Concello de Mos.
Deste xeito a rexedora local declarou que “Mos terá un plan de inversións ambicioso (dotado de máis de 2 millóns de euros en 2022), ambicioso como é en sí este orzamento. Un orzamento que grazas ao anuncio da subida do Fondo de Cooperación Local, máis dos Tributos do Estado e sumando tamén a non desexada revisión do Catastro, fan que as contas sexan as máis elevadas da historia, 13 millóns de euros”.
Os proxectos rematados que serán incluídos no plan de inversión municipal son a senda de Dornelas que se unirá a xa existente de Torroso facéndoa circular. Acometeranse en dúas anualidades máis de 1 millón de euros en novas rodaduras e cunetas. Cantidade que será fixa a partir de agora. Acometerase tamén a prolongación da Senda do Louro dotándoa tamén de alumeado. Ese lugar de uso e desfrute da veciñanza, A Pesqueira, seguirá crecendo. E para elo investiranse preto de 500.000 euros nunha partida que incluirá ademais da iluminación e ampliación do sendeiro, a adquisición de terreos e continuar avanzando con máis elementos como unha pista de skate. E acometerase tamén unha nova entrada para o Pazo de Mos. Ante a necesidade de rematar o saneamento, ademais dos proxectos entregados en Augas de Galicia mediante os que se actuará en Louredo e Sanguiñeda, incluirase unha cantidade como tódolos anos para facer as urxencias necesarias. Neste caso unha vez feitas as de Mos, na Nacional 550, acometeranse obras en Cela.
Neste plan de inversións aparecen as expropiacións pertinentes para continuar Segundo Pampillón, a Estrada Pereiras-Tameiga, e por suposto resolver os problemas de tráfico no Camiño de San Cosme, na Cachada en Gándara-Mos e A Laxe-Petelos.
En patrimonio, dedícanse 52.000 euros para a adquisición de terreos e o estudo para a rehabilitación do Castro de Torroso, a rehabilitación de fontes e lavadoiros municipais e a instalación de sinalización de patrimonio cultural.
No que respecta ao deporte, seguiranse renovando instalacións, hai unha partida, para cofinanciamento coa Xunta de Galicia, destinada a melloras como cambio do tapete de céspede artificial no Campo de Fútbol das Baloutas, alumeado no Campo de Fútbol de Cototorrón, marcadores, renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda, remate da mellora do Pavillón Óscar Pereiro pendente, e mellora da pista deportiva de San Eleuterio.
E séguese a apostar polos parques infantís e, como tódolos anos, faranse renovacións.

 

cadro orzamento 2022

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES