jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaMos acende o Xacobeo no Pazo para dar a benvida ao novo...

Mos acende o Xacobeo no Pazo para dar a benvida ao novo ano

Ata o 7 de xaneiro a fachada permanece iluminada de cor azul, co logotipo do Xacobeo 21-22 e a característica frecha amarela

O pasado xoves tivo lugar o acto do programa Acende o Xacobeo en Mos consistente no acendido da proxección na fachada do Pazo de Mos.
O comezo do acto estivo amenizado polo Grupo de Gaitas Xógara e contou coa asistencia de Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; a delegada Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias; concelleiros/as do equipo de goberno local e voceiros/as dos grupos municipais e membros da Fundación Pazo de Mos.

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo:

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos:

O acendido estivo precedido dunha conta atrás, trala que se iluminou a proxección sobre a fachada do Pazo consistente nunha luz de cor azul co logotipo do Xacobeo 21-22 e a característica frecha amarela. Rematando o encontro coa interpretación de dúas panxoliñas a cargo da Coral Polifónica O Son do Cantares.

Preto dun cento de monumentos alumeados

O programa Acende o Xacobeo ilumina máis de 90 monumentos en toda España e máis de 40 en Galicia, entre os que se atopa o Pazo dos Marqueses de Mos. O Pazo, en pleno Camiño Portugués a Compostela, estará iluminado ata o vindeiro 7 de xaneiro de 2022.
Unha iniciativa de grande éxito que inclúe a iluminación de edificios en diferentes comunidades autónomas e cidades europeas como Londres, Dublín ou Torun en Polonia.
Co acendido en Mos, este singular programa dá a benvida ao novo ano 2022, xa que durante os días previos ao vindeiro 31 de decembro estanse a iluminar diferentes monumentos das distintas rutas dos Camiños de Santiago en Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES