sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaMinuto de silencio no Porriño para homenaxear a Eva García de la...

Minuto de silencio no Porriño para homenaxear a Eva García de la Torre

A corporación municipal, empleados do Concello así como veciños e veciñas gardaron un minuto de silencio polo falecemento da ex rexedora do municipio.

Os concelleiros e as concellerias de todos os grupos políticos do Concello do Porriño xunto con funcionarios, Policía Local e Garda Civil renderon este venres homenaxe a ex alcaldesa do municipio, Eva García de la Torre. A que foi rexedora durante seis anos da vila do Louro faleceu a primeira hora da tarde do xoves por mor dun infarto con 59 anos de idade.

A localidade estará de loito durante tres días, con bandeiras a media hasta, tal e como se acordou no pleno urxente que convocou o alcalde Alejandro Lorenzo.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES