jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaA industria do granito apuntala o seu nivel de competitividade

A industria do granito apuntala o seu nivel de competitividade

A diversificación e a internacionalización a partir da I+D+i, contribúen a consolidar o liderado de Galicia como principal produtora en España de roca ornamental.

Así o manifestou no Porriño o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde durante unha visita ás instalacións da empresa Euro-Roca. Conde, destacou a aposta que está a facer o sector galego da lousa e da pedra natural pola Industria 4.0 para incrementar a súa capacidade loxística e produtiva, co conseguinte impacto sobre a súa competitividade internacional.

Francisco Conde:

Segundo dixo, o sector da lousa e da pedra natural en Galicia está a vivir un proceso de transformación tecnolóxica que lle vai permitir apuntalar o seu nivel de competitividade non só con respecto ao conxunto do país, senón, tamén, internacionalmente.

Euro-Roca é unha das empresas beneficiadas na última convocatoria do programa Innova Peme e, ademais, participa nun proxecto colectivo liderado polo Clúster do Granito que conta co apoio da Xunta a través do programa Proxectos 4.0 do Igape

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES