viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaIntensa actividade formativa en Mos

Intensa actividade formativa en Mos

O Concello clausura o obradoiro de emprego “Mocidade no Camiño”, dúas semanas despois do remate do “Mos Peregrino” e a poucos días do comezo dun novo, “SOMOSMOS”, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego

Ana Ortiz, Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, desprazouse ata o Concello de Mos para a clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño” na que estivo acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro. Ortiz destacou na súa intervención a intensa actividade municipal en materia de formación para a inserción laboral e loita contra o desemprego.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo:

Julia Loureiro e Ana Ortiz:

“Mocidade no Camiño” estivo dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe). Para a realización deste Obradoiro de Emprego o Concello de Mos contou coa concesión dunha subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.
A axuda ao Concello de Mos, ascende ao importe global de 369.492,32 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Emprego e Igualdade, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego e os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado, sendo a contía destinada para a gastos salariais de alumnos/as-traballadores/as de 235.553,12 euros.
O Programa de emprego denominado “Mocidade no Camiño” deu emprego durante un ano a 16 alumnos/as traballadores/as, persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de deseño de produtos gráficos e multimedia (8 mozos/as) e xardinería e auxiliares de conservación de montes (8 mozos/as).
Os obxectos de actuación para a execución do desenvolvemento do proxecto foron a actuación na Senda do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante saneamento e poda de árbores, limpeza arredor dos árbores, mantemento de macizos e plantas, operacións de control fitosanitario, reposición de elementos e pequenas obras de mantemento; e a posta en valor do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos a través de actuacións de marketing e publicidade, a través da realización de materiáis gráficos e multimedia, que puxeron en valor a zona, e deron a coñecer aos peregrinos, e á poboación en xeral, a riqueza natural e etnolóxioca existente ao longo do Camiño

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES