jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaInícianse as obras de prospección do terreo na parcela de San Eleuterio...

Inícianse as obras de prospección do terreo na parcela de San Eleuterio que acollerá nova Vivenda Protexida en Mos

Este é o paso previo para que o IGVS comece xa coa redacción do proxecto

Comezaron en Mos as obras de prospección do terreo na parcela de 2.000 metros cadrados de San Eleuterio na que se construirán as primeiras Vivendas Protexidas en Réxime de Alugueiro 100% pública. Os traballos realizados inclúen tamén un estudo xeolóxico de resistencia do solo necesario para calcular a estrutura da cimentación da nova construción. Con este paso previo, a Xunta de Galicia iniciará xa redacción do proxecto de construción.
A listaxe municipal de demandantes de Vivenda Protexida, que se abriu o pasado 1 de xuño para a inscrición dos interesados neste tipo de vivenda en Mos, e que durante a primeira semana recollía 60 solicitudes, constaba a finais do pasado ano 2022 de preto de 400 persoas inscritas. Esta lista continúa activa para que todos os interesados poidan anotarse. O Concello tramita as solicitudes no rexistro oficial autonómico de Vivenda Protexida de Galicia para que a Xunta inicie os trámites pertinentes, xa que para acceder a unha vivenda protexida é imprescindible estar inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia.
Este Plan de Vivenda Protexida en Mos verase complementado polo proxecto de remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio en Tameiga, coa que se transformará totalmente esta zona e que será financiada pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia a través dun Plan HURBE.
Polo tanto, o plan de actuación abarca un total de 25.000 metros cadrados, entre as actuacións de Vivenda Protexida en San Eleuterio e o HURBE de remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio.
Aínda que a zona de actuación máis inminente para establecer o novo Parque de Vivenda Protexida en Mos é San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, Concello e Xunta informan de que seguirán a traballar e explorar outras zonas de cara ao futuro, tendo en conta o crecemento da poboación e a demanda existente na localidade mosense.
Este Plan de Vivenda Protexida en Mos supón unha gran oportunidade residencial no municipio. O desenvolvemento de solo residencial no municipio é una das prioridades e apostas fortes do goberno local e da súa alcaldesa, Nidia Arévalo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES