martes, abril 16, 2024
InicioComarcasLouriñaFontevella Teatro sube ao escenario para celebrar o seu 28 aniversario

Fontevella Teatro sube ao escenario para celebrar o seu 28 aniversario

Será este sábado 4 de marzo, ás 19.00 horas, no Círculo Recreativo Cultural do Porriño

A compañía Fontevella Teatro celebra este sábado o seu 28 aniversario e o fai como máis lles gusta: subindo ao escenario. A partir das 19 h, no Círculo Recreativo Cultural, representará catro obras de microteatro baixo o título de “Pequenas pingas”.
Estas son “O abrigo de martas”, “Para que viría eu ao médico”, “Balneario A Condesiña” e “Por namorarnos de vellos”.
A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES