martes, abril 16, 2024
InicioComarcasLouriñaDetidos dous homes no Porriño por un delito de tráfico de drogas

Detidos dous homes no Porriño por un delito de tráfico de drogas

Trátase de veciños de Porriño e Mos, de 49 e 58 anos, aos que a Garda Civil lles incautou preto de 80 gramos de cocaína e 420 euros ocultos nun vehículo.

Unha patrulla da Área de Investigación da Garda Civil que se atopaba de servizo observou, nunha rúa da localidade, a dous varóns de mediana idade en actitude sospeitosa sentados no interior dun vehículo. Ao proceder a identificalos e a rexistrar o turismo, atópanse ocultas en distintas partes catro bolsas que contiñan o que despois se comprobou que era cocaína, cun peso de 78´8 gramos, así como 420 euros en billetes e moedas.
Auxiliados por outra patrulla de Seguridade Cidadá da Garda Civil do Porriño, e en colaboración coa Policía Local, procederon á detención dos dous homes, de 49 e 58 anos, veciños de Porriño e Mos, os cales contan cun amplo historial de antecedentes policiais e penais por tráfico de drogas.
Os detidos foron trasladados ata o acuartelamento para a instrución das correspondentes dilixencias, pasando hoxe xoves a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número un do Porriño.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES