sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaDesfile de encaixe de bolillos ao paso do Camiño por Mos

Desfile de encaixe de bolillos ao paso do Camiño por Mos

O Pazo de Mos acolleu o desfile «Desfilamos» que organiza a Asociación de Palilleiras de Mos. O acto contou con preto de 300 persoas entre o público. Unha iniciativa da Asociación de Palilleiras de Mos para o programa “O Teu Xacobeo” da Xunta.

A contorna do Pazo de Mos acolleu o pasado sábado un desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores e coa presenza tamén de pezas de deseño de varias firmas galegas de moda, entre elas Mekkdes, de Patricia Ferreira.

O programa autonómico “O Teu Xacobeo” financia estas iniciativas das Palilleiras de Mos con motivo do Ano Santo, e co obxectivo de impulsar a vertente artística, tradicional e cultural do municipio, pero tamén para ser un revulsivo para a recuperación turística da zona tras as consecuencias da crise sanitaria da COVID-19.

Estivo Montserrat Pereira Troitiño, presidenta da Asociación de Palilleiras de Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Participación Cidadá e Cultura e Turismo mosense, e demais membros da Corporación Municipal do Concello de Mos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES