martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaDesaparecen dous carballos en Salceda

Desaparecen dous carballos en Salceda

A policía local vén de realizar informe para a apertura do expediente de investigación da desaparición de dous carballos do espazo municipal denominado Carballeira do Souto, no barrio do Pomar de Suso

O equipo de goberno ten constancia de que dúas árbores deste espazo municipal foron talladas recentemente, sen que se coñeza ata o de agora o autor ou autora.
Ao feito de que se trata dun espazo de titularidade municipal recollido no inventario de bens, hai que engadir que estamos a falar de carballos, árbores que non se poden cortar sen a pertinente comunicación á Xunta de Galicia, o cal agrava máis se cabe a situación, pois tan só o Concello, como propietario do terreo, podería facer esa comunicación.
Por parte da policía local iniciáronse xa as pescudas, apelando á colaboración veciñal para localizar a persoa responsable dos feitos.
O equipo de goberno lamentou o acontecido coa corta destes dous carballos a pé de rúa e co ataque ao patrimonio natural do Concello, lembrando os beneficios deste tipo de plantacións fronte a outras invasoras, non só na loita contra os incendios, senón tamén na posta en valor da contorna natural.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES