viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaDanza contemporánea no Pazo de Mos polo Xacobeo

Danza contemporánea no Pazo de Mos polo Xacobeo

O programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio chegará a Mos este venres 20 de agosto. Espectáculos de danza contemporánea ás 20.00 horas no Pazo dos Marqueses de Mos, promovido polo Xacobeo 21-22, Agadic, Xunta de Galicia e Concello de Mos.

Trátase dun espectáculo para todos os públicos con entrada gratuita. Os espectadores poderán gozar o vindeiro venres no Pazo de catro espectáculos diferentes con duracións que oscilan entre os 15 e os 30 minutos. Así, a partir das 20.00 horas da tarde sucederánse as propostas de Evi Balboa co seu espectáculo Nasenda, o espectáculo Stay de Can Cun Quinqué, o espectáculo Coreografías dun DeMente de Fran Sieira Compañía de Danza e o espectáculo Intempestiva de Elahood.

 A través desta proposta artística a danza e as artes de movemento enmárcanse en entornos de gran valor paisaxístico e patrimonial de Galicia, tal e o caso do Pazo de Mos e a súa contorna. 

Propulsa é a maior programación de danza levada a cabo da Comunidade Autónoma con, aproximadamente, 74 funcións de pezas de rúa en espazos singulares ao aire libre. Propulsa mostra, a través da experiencia escénica, outros elementos identitarios de Galicia como a paisaxe e o patrimonio, permitindo deste xeito a posibilidade dunha experiencia total, fusionando na mesma cultura e turismo.

Os obxectivos desta iniciativa son fomentar e promocionar a creación contemporánea de danza así como atraer a novos públicos, dotar de programación cultural de danza, crear oportunidades laborais para profesionais e compañías de danza de Galicia, e poñer en valor a diversidade patrimonial e paisaxística de Galicia co uso de localizacións singulares.

NASENDA é o resultado dunha investigación inmersa en espazos do Camiño de Santiago por corpos e relacións cos demais. STAY DE CAN CUN QUINQUÉ presenta o momento no que as circunstancias fante cómplice de algo que está ocorrendo. COREOGRAFÍAS DUN DEMENTE DE FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA plasma unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. E INTEMPESTIVA DE ELAHOOD é a nova proposta escénica desta compañía de danza urbana inspirada na obra e na figura de Xela Arias.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES