jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaConcello do Porriño e o Círculo Recreativo renovan a súa colaboración

Concello do Porriño e o Círculo Recreativo renovan a súa colaboración

A administración local achegará 20.000 euros ao CRC para o desenvolvemento conxunto de actividades

O Concello do Porriño vén de renovar a súa colaboración anual co Círculo Recreativo e Cultural. A administración local aportará 20.000 euros para o desenvolvemento conxunto de actividades que se levarán a cabo nas instalacións do CRC.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o presidente do Círculo Recreativo e Cultural, Abel Gallego, asinaron a renovación do convenio para o presente ano. O rexedor reiterou a súa aposta por “satisfacer as inquedanzas culturais da veciñanza que require que sumemos esforzos con entidades como o CRC, con historia e iniciativa”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES