viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaCinco estudantes do Colegio Lar, entre os mellores oradores da provincia

Cinco estudantes do Colegio Lar, entre os mellores oradores da provincia

O centro foi un dos 14 de toda Galicia que se clasificou para a xornada final do Torneo de Debate Académico que organiza a Fundación Barrié de la Maza

Fai un ano comezaba a andaina dos estudantes do Colegio Lar no debate académico. A oratoria introduciuse fai xa varios cursos, como materia o como obradoiro, xa que o colexio aposta por esta ferramenta como chave indispensable que abre as portas ao futuro do seu alumnado. Por elo, desde o pasado curso os estudantes pertencentes aos grupos de debate prepáranse para o Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) organizado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Na iniciativa, que este ano chegou a súa cuarta edición, participaron, por parte do Colegio Lar, dous grupos dos cales un deles, o formado por Luna Conde, Stephanie Dávila, Alejandra Montenegro, Noa Piñeiro e Iria Vázquez, de 3º de ESO, despois de clasificarse na primeira fase obtendo o terceiro posto asistiu á xornada final celebrada na Coruña, quedando entre os oito primeiros postos de Galicia e sendo o mellor equipo de toda a provincia de Pontevedra. Na xornada final da 1ª categoría, que engloba ao alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, competiron un total de 16 equipos de 14 centros educativos.

“Preparar un debate académico non é tarefa fácil, require un gran compromiso, esforzo traballo e implicación, pero todo elo compénsase coa ilusión e a motivación dos estudantes. O noso alumando demostrou unha gran capacidade de traballo en equipo, saber estar e valentía, cuestións que admiramos todos na comunidade educativa, sentíndonos absolutamente orgullosos duns alumnos que están forxando un futuro brillante tanto profesional como persoal”, sinala o director do Colegio Lar, Rodrigo Salgado Pombo.

A dinámica deste torneo de debate é a seguinte: no mes de novembro a Fundación lanza unha pregunta que o equipo deberá preparar tanto a favor como en contra, e nesta edición a cuestión formulada tivo gran acollida: “¿Deberíamos prohibir o uso das redes sociais a menores de idade?”. O equipo debe preparar para ambas posturas unha tese que será defendida con tres argumentos e as evidencias correspondentes. Para elo disponse das quendas de intervención: unha primeira de presentación cunha duración de catro minutos; unha segunda denominada refutación argumentativa, na que desenvolven os seus argumentos e evidencias e refutan a postura contraria, para a que dispoñen de cinco minutos; seguidamente unha refutación dialéctica que consta de tres quendas de minuto e medio cada unha alternas co equipo contrario e, finalmente, unha conclusión para a que dispoñen de tres minutos.

Este año, ademais, a Fundación Pedro Barrié de la Maza comeza unha nova aventura co Torneo Escolar de Oratoria, “e por suposto que alí estaremos co noso alumnado de Educación Primaria para que empece a formarse nun mundo apaixonante. ¡Gracias oradores por todo o que nos ensinastes!”

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES