viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaCharla sobre os beneficios da lactancia para o desenvolvemento da linguaxe en...

Charla sobre os beneficios da lactancia para o desenvolvemento da linguaxe en Porriño

Será este venres 10, ás 18.30 horas no centro cultural, impartida pola logopeda Eva López.

O Centro Cultural Municipal acolle mañá venres, ás 18.30 horas, a última conferencia das xornadas para familias e profesionais “Acompañando na aventura de crecer”.

Nestas xornadas, organizadas desde a Concellería de Cultura a través da biblioteca municipal, abordouse dende diferentes puntos de vista e perspectivas profesionais como favorecer o correcto desenvolvemento das nosas fillas e fillos, dende que nacen e na súa primeira etapa infantil, para favorecer unha vida adulta saudable e enriquecedora.

Eva Lopez DominguezA logopeda Eva López será a encargada de poñer o broche ás xornadas coa conferencia “Dende lactar ata falar, todo un camiño de comunicación”. Trátase dunha charla evolutiva desde a importancia da lactación nun inicio e os seus beneficios a nivel muscular á hora de desenvolver a linguaxe, e que destrezas son as máis importantes para conseguir unha linguaxe formal e poder comunicarse con calquera persoa.

A poñente, Eva López Domínguez, é diplomada en Logopedia e en Audición e Linguaxe pola Universidade da Coruña, posgrado en atención de calidade e integración en persoas con autismo, asesora de lactancia con 18 anos de experiencia como logopeda en diferentes entidades públicas e privadas. Tamén é fundadora e coordinadora do centro de estimulación e aprendizaxe Afalar desde 2010 e coidadora de nenas e nenos con discapacidade para a Xunta de Galicia. Eva conta cunha experiencia profesional que abarca desde o nacemento á vellez, con maior énfase na poboación de 3 a 18 anos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES